top of page

Subvencións do programa de aluguer de axudas técnicas e adaptación de vivendas para maiores de 65 anos.

 A Deputación de Ourense ofrece axudas para aluguer de axudas técnicas ou para  mellorar a accesibilidade nas vivendas das persoas maiores de 65 anos propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias, sempre que sexa a súa vivenda habitual. Os solicitantes teñen que estar empadroados nos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes e o nivel de renda non ser superior a 3 veces o IPREM. A contía máxima por persoa será de 2.000€ que se concede para subvencionar as obras de adaptación/aluguer durante o ano 2025. O prazo de presentación de solicitudes abrírase o próximo 10 de xuño, o sétimo día natural posterior á publicación das bases (2 de xuño) e pechárase 1 mes despois. A subvención adxudicarase por orde de entrada no rexistro das solicitudes correctamente cubertas xunto coa documentación precisa ata esgotar o orzamento. Se a solicitude fose emendada, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

Ponse a disposición unha ferramenta para cubrir a solicitude de xeito máis sinxelo. Unha vez teña a solicitude cuberta DEBE PRESENTARSE A TRAVES DUN REXISTRO PÚBLICO a partir da data de apertura do prazo.

bottom of page